Que inclúe a proba de 30 días?
Todo o produto, sen tarxeta e con 200 créditos de benvida para probar a Martina e lanzar os teus primeiros envíos. Ao rematar decides: subscríbeste e segues co dashboard, ou segues só con Martina cos teus créditos.
Necesito subscrición para usar Martina?
Non. Martina funciona só con créditos, teñas ou non subscrición. A subscrición é para o dashboard.
Que pasa cando remata a proba se non me subscribo?
O dashboard queda en pausa e podes seguir traballando desde o chat cos teus créditos. Os teus datos consérvanse na túa organización durante 12 meses. Se te subscribes dentro dese prazo, o dashboard volve tal como o deixaches.
A subscrición inclúe créditos?
Non. A cota é pola plataforma; os créditos pagan o que usas de Martina. Así quen apenas usa Martina non paga por quen a usa moito.
Por que hai créditos ademais da cota?
Porque hai cousas que custan diñeiro cada vez que se fan: unha pregunta á IA, un WhatsApp, un correo ou un envío de Match Booker. Separalo da cota evita que quen apenas os usa pague por quen envía miles.
Canto custa distribuír a miña música?
Nada por adiantado. Huming queda co 15% do que xeren os teus lanzamentos nas plataformas e o 85% é para ti. Preparar a ficha e o pitch e subilo está incluído; a portada xerada con IA custa 25 créditos se queres que cha faga Martina.
Caducan os créditos?
Non. Mércalos cando os necesitas e quedan no saldo da túa organización ata que os gastes.
Unha sala paga o mesmo ca unha axencia?
Si, 49,90 € ao mes con cinco prazas incluídas. Cambia como traballa a plataforma —a estratexia calcúlase por noites programadas, aforo e ingreso medio en vez de por cachés e comisións— pero non o prezo.
Como se contan os colaboradores?
Os plans Axencia e Promotora e sala inclúen cinco prazas: contan as persoas do teu equipo e cada artista activo do teu roster. A partir da sexta, son 10 € ao mes por cada unha. Os músicos que convidas dentro da conta da súa banda son de balde. No Plan 360 axustámolo á túa estrutura.
Verifactu está incluído en todos os plans?
Si. Pegada encadeada, factura inalterable e QR de verificación, en todos os plans. Actívase cando ti queiras desde a configuración da túa organización.
Xa facturo con Holded, sérveme Huming?
Si. Se conectas Holded, a numeración fiscal segue asignándoa Holded e Huming encárgase do resto do ciclo: propostas, contratos, campañas e seguimento de cobros.
Podo cambiar de plan máis adiante?
Cando queiras, e o cambio prorratéase. Se medras a metade de tempada, non perdes nada do que xa tes dentro.